26 de febreiro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SALCEDA DE CASELAS

 


Home / NOVAS / SALCEDA DE CASELAS / O SECRETARIO XERAL DOS SOCIALISTAS GALEG

SALCEDA DE CASELAS

O SECRETARIO XERAL DOS SOCIALISTAS GALEGOS VISITA SALCEDA DA MAN DA CANDIDATA Á ALCALDÍA VERÓNICA TOURÓN

Visitan o CDL O Torrón e o Centro de Saúde

 

Xosé Ramón Besteiro, xunto coa candidata e coa tenente Alcalde Marina Cabaleiro e outros membros da agrupación socialista de Salceda percorreron varios lugares, centrando a súa visita no CDL de O Torrón, onde Besteiro subliñou que “alí onde gobernamos o emprego é a nosa verdadeira obsesión, é a nosa marca como partido. Resaltou ademais que as políticas públicas proporcionan mellores resultado en esta materia que cando non se usan todos os resortes que teñen as administración”.

Verónica Tourón, candidata do PSOE á alcaldía formou parte deste proxecto de desenvolvemento e dinamización do CDL O Torrón que comezou a súa andaina o 31 de outubro de 2012, destacou que “cando puxemos en marcha o centro de desenvolvemento local de O Torrón  ninguén cría no noxo proxecto, o tempo amosou que o centro é un dos motores do concello e está dando servizo a moitos veciños e veciñas. Demostramos que somos capaces de facer unha política diferente, pensada nas persoas”.

A candidata aproveitou a ocasión para lamentar a falta de políticas de emprego e formación que a consellería de Traballo destina a Salceda, xa que o Plan de Formación e a maioría dos investimentos realizados no CDL se fixeron con orzamento municipal. “O CDL entrou en funcionamento nesta última lexislatura, tras un intenso traballo dos socialistas de Salceda que recuperaron un edificio e unha zona abandonada, converténdoa nun referente para a comarca”.

Cabe destacar que dende os servizos de orientación e Bolsa de Emprego que albergan o CDL de O Torrón, no ano 2014 enxertáranse no mercado laboral 156 persoas.

Aproveitaron para que coñecese de primeira man a situación actual do centro de saúde e comprometeuse a seguir loitando dende o grupo parlamentario, e facer toda a forza posible para conseguir o que todos os veciños e veciñas precisan, un centro de saúde novo.

O secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, criticou que a Xunta inicie a devolución da paga extraordinaria “incautada” ós funcionarios “tarde, mal e a rastras”. Así o diso na visita a esta localidade, ó ser preguntado sobre a intención da Xunta de devolver ós empregados públicos o 12% antes das eleccións municipais.

 

 

 

 

 

Considera que sería axeitado facer un avance informativo do PXOM?

Si

Non

Indiferente


Hay 3 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE,
E-mail: salcedadecaselas@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera