27 de maio de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SALCEDA DE CASELAS

 


Home / ELECCIÓNS MUNICIPAIS / Eleccións Municipais 2011 / FOLLETO INFORMATIVO CANDIDATURA 2011

Eleccións Municipais 2011

FOLLETO INFORMATIVO CANDIDATURA 2011

A Candidatura que representará ó Partido soalista de Salceda nas próximas eleccións municipais do 22 de maio, está formada por 20 persoas, moitas delas involucradas activamente con movementos e asociación veciñais, persoas comprometidas co noso concello, con experiencia en distintos sectores,…, encabezado por MARINA CABALEIRO.
Un equipo de persoas no que se conxuga a experiencia e sabiduria dos máis veteranos coas ideas innovadoras dos máis novos, todos e cada un deles aportan cousas moi positivas, xunto cos nosos afiliados e simpatizantes, que a pesar de que non vaian na candidatura todos eles, tamén están facer un importante traballo que queremos agradecer, por iso facemos tamén mención a eles.
       Queremos facer fincapé nalgo moi importante e que nós enche de satisfación, é o feito de que tódalas obras importantes que se realizaron no noso Concello nesta lexislatura levan o selo do Partido Socialita, e que a pesar de que non sempre saiamos na foto e de que outros leven os méritos, o noso partido traballou moito ó longo destes catro anos para conseguir moitas das cousas que se realizaron en Salceda.
       Esta claro que todavía queda moito que facer, isto só foi o comezo dunha andaina, e ese, é o motivo da presentación da nosa candidatura, para pedirvos o voso apoio nas próximas eleccións do 22 de maio, tivemos máis de 30 anos de Goberno Popular, onde xa puidemos comprobar a súa forma de gobernar, nesta lexislatura gracias ós nosos dous concelleiros tivemos a oportunade de realizar moitos proxectos, sobre todo no ambito educativo e medioambiental.
        E agora máis que nunca necesitamos que nós sigades apoiando para que a nosa representación medre e teñamos opción de facer moitas máis cousas noutros ámbitos.
       Merecemos que nos deades a oportunidade de demostrar o que podemos facer, as ganas son moitas, as ilusións por mellorar tamén, por iso poremos todo o que estea ó alcance das nosas mans para non defraudarvos, e facer que se nós votades nas próximas eleccións, o voso voto non sexa en van.
       Pedímosvos que o próximo 22 de Maio apoiedes nas urnas ó Partido Socialista de Salceda encabezado por Marina Cabaleiro. Moitas gracias.

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 

Considera que sería axeitado facer un avance informativo do PXOM?

Si

Non

Indiferente


Hay 3 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE,
E-mail: salcedadecaselas@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera