A Aula Matinal é unha actividade que se ben desenvolvendo pola Concellería de Ensino dende o curso 2.008 – 2.009, foi unha iniciativa que tivo gran acollida, consiste nun servizo no que os país poden deixar ós seus fillos no collexio antes do horario escolar, a partir das 7:00 da mañá, ó coidado de profesionais.
Este servicio estase a levar a cabo con grandes esforzos, cando se empezou a iniciativa, a Xunta que entón era gobernada por Emilio Perez Touriño, subvencionaba o 80% da actividade. Neste curso só subvenciona o 32%.
Esperamos que no vindeiro curso 2.010-2.011, teñamos máis apoio por parte da Xunta de Galicia, para poder seguir mantendo a Aula Matinal.