27 de abril de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SALCEDA DE CASELAS

 


Home / NOVAS / SALCEDA DE CASELAS / OS SOCIALISTAS REMATAN A ROLDA DE REUNIÓ

SALCEDA DE CASELAS

OS SOCIALISTAS REMATAN A ROLDA DE REUNIÓNS COS COLECTIVOS E ASOCIACIÓNS VECIÑAIS

Verónica Tourón mantivo reunións con máis de 35 asociacións e colectivos representativos de Salceda

 

01/05/2015

 

A candidata socialista á alcaldía de Salceda de Caselas rematou estes días o calendario de reunión con todos e cada un dos colectivos sociais, culturais, veciñais, deportivos e económicos de Salceda de Caselas nunha ronda informativa que tivo como obxectivo recoller inquedanzas e propostas para mellorar a vida dos barrios, parroquias e do propio Concello.

 

En total, Verónica Tourón mantivo encontros sectoriais con máis de 35 colectivos sociais e veciñais, dos que destacou a “fantástica e moi colaborativa acollida que recibimos”.

 

Mantivo xuntanzas coas asociacións máis representativas de cada parroquia: Budiño, San Xurxo, Soutelo, Entenza, Barreiro, A Feira, Parderrubias, Santa María e Picoña. Ademais, tamén se reuniu cos colectivos económicos, culturais e tamén no eido xuvenil, do ensino ou deportes: como ACISA, Asociación Amigos da Música, outras asociacións musicais e culturais, representantes das ANPAS do CRA Raíña Aragona, Altamira e IES, Asociación Xuvenil A Turonía, Club Balonmán Caselas, Caselas FC, Club Baloncesto Caselas, Asociación Made In Salceda, Club de Xadrez e por suposto, no eido social, Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda e Mulleres Rurais Caselas.

Agora, gabinete de campaña socialista prepara un documento final co programa electoral dos socialistas que presentará publicamente co lanzamento dunha páxina web onde poder consultar o programa electoral e os compromisos da candidata socialista. Segundo Verónica Tourón, “os socialistas quixemos facer un programa electoral cos propios veciños e veciñas de Salceda e informarlles que se acabamos a alcaldía, este será o noso xeito de proceder: o diálogo e a procura de acordos constante.”

Tourón constatou, a través destas reunións a vontade cidadá de impulsar cambios na xestión municipal, o que nas súas palabras representa o que segundo ela, os socialistas levan tempo advertindo “nos atopamos ante o remate dun ciclo político, dun proxecto esgotado. Os cidadáns miran en nos un novo proxecto para toda Salceda e nós, estamos convencidos e agardamos que este sexa posible cunha Alcaldía socialista”.

 

Rodrigo Martínez, secretario xeral dos socialistas salcedenses, e número 2 da candidatura, "porque no PSOE de Salceda, creemos que a voz e a opinión crítica dos veciños e veciñas, emprendedores, asociacións da nosa vila, son claves para afrontar o futuro que temos que construir para todos e todas".

 

"Dende o partido socialista de Salceda, seguiremos escoitando e parendendo de todos VOS, para mellorar e correxir erros, e non só antes das eleccións, despois tamén, porque soamente se pode avanzar entre todos", Verónica Tourón. A candidata á Alcaldía, "quero agradecer as opinións e propostas que nos trasladaron todos, o tempo que nos dedicaron eo o bo trato recibido de todos eles. Tamén temos que agradecer a dedicación e implicación de todos estes colectivos na vida diaria dos nosos veciños e veciñas, que conseguen sen levar nada a cambio, unha fantástica dinamización da parroquia, da cultura, do ensino e do deporte para toda Salceda, ademais da súa labor social"



 

 

 

 

 

Considera que sería axeitado facer un avance informativo do PXOM?

Si

Non

Indiferente


Hay 3 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE,
E-mail: salcedadecaselas@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera