27 de abril de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SALCEDA DE CASELAS

 


Home / NOVAS / SALCEDA DE CASELAS / VERÓNICA TOURÓN PRESENTOU A SÚA CANDIDAT

SALCEDA DE CASELAS

VERÓNICA TOURÓN PRESENTOU A SÚA CANDIDATURA NUN AUDITORIO ATEIGADO DE VECIÑOS E VECIÑAS

Teño que dicir que me sinto moi orgullosa de que me acompañe este equipo, e gustaríame destacar que ningún membro desta lista que acabo de presentar pediu ir nun posto, nin pediu nada a cambio. Orgullosa e Agradecida dunha lista limpa, con persoas comprometidas con Salceda, capacitadas e sobre todo BOA XENTE.

 

23/04/2015

 

 PSdeG- PSOE de Salceda de Caselas presentou onte a candidatura de Verónica Tourón á alcaldía de Salceda, nun auditorio ateigado de xente. Un acto no que participou tamén o Secretario Provincial, Santos Héctor e a Secretaria de Organización de Galicia, Pilar Cancela.

O partido socialista de Salceda confeccionou para as vindeiras eleccións municipais do 25 de maio unha lista electoral renovada en máis dun 50%, pero ó mesmo tempo respaldada por persoas que xa concorreran en anteriores listas.

A lista encabezada por Verónica Tourón, levará de número 2 ó Secretario Xeral dos socialistas salcedenses, Rodrigo Martínez, mestre e director dun centro escolar. Seguidos de Angela Ledo Souto e Angel Nevado Alsina, que segundo a candidata, aportarán a este goberno coñecementos, compromiso, moderación, ética e traballo, e Marina Cabaleiro, que será o número 5, despois de dar o relevo á nova candidata, e cumprir coa promesa electoral de non ser candidata máis de 8 anos, continuará apoiando este novo proxecto socialista.  Os postos número 6 e 7 os ocupan dous dos membros da executiva, Patricia González Groba e Rubén González Coto, sendo o 8 e 9 dúas novas incorporación, Luz Margarita Oquendo, psicóloga e directora dun centro de estimulación infantil e Iván Lorenzo Crespo, o máis xoven da lista con 21 anos e o número 10 será o mestre da Universidade de Vigo e Secretario Xeral de FETE-UXT, Arturo Parada. 

O resto dos membros da lista: María José Pérez Novo, Luis Pereira Alvarez, Silvia Rodríguez Vaqueiro, Andrea Groba Domínguez, Javier Allica Pérez, Mónica Pampín González, Lorena Fuentes Elvira, Isabel Martínez Gregores, José Valcárcel Fernández, José Martínez Vaqueiro, Rosa María Nieto García e Antonio Rivero Oubiña.0..220                                                                         

O encargado de presentar o acto foi o membro do Comité Nacional Iván Vaqueiro o, que definiu a Verónica como unha persoa que concentra as tres virtudes que ten que ter un político “Ten capacidade, diálogo social e liderazgo social, ademais por riba de todo un alcalde ou alcaldesa ten que ser boa persoa e ela o é”

Pilar Cancela, secretaria de organización galega e Santos Héctor, secretario provincial, tamén resaltaron a valía da candidata e do equipo que a acompaña. Os dous tomaron como referencia o traballo realizado polos socialistas no concello durante estes últimos oito anos.

Marina Cabaleiro, referiuse á candidata como “responsable, forte, con moita sensibilidade, con capacidade de xestión e loitadora incansable; a cal agradezo de todo corazón que fose ela quen collese o relevo despois de acompañarme estes 4 anos”

Pechou o acto a candidata, Verónica Tourón, dirixíndose ó auditorio “quero dicirvos, que se hoxe estou aquí, é principalmente por unha razón: porque creo na política como unha solución, e non como un problema. Porque creo nunha política na que os políticos traballen ó servizo dos cidadáns..., por iso reivindico a política como diálogo constante. Porque gobernar non é decidir de xeito egoísta o que a un lle apetece, senón que é dialogar, consensuar e xestionar problemas, ós que non hai que darlle só a mellor solución, senón tamén a que teña maior consenso social”

Verónica tamén tivo moi presente a labor realizada pola actual portavoz, Marina Cabaleiro, “Estou orgullosa, e o podo decir ben alto, da fantástica labor realizada por Marina, que demostrou que con modestia, esforzo e corazón se poden facer grandes cousas. Teño que agradecerlle publicamente o seu compromiso cos veciños e co PSOE, e dicirlle que sen ela moitos hoxe non estaríamos aquí”.

Antes de rematar, Verónica tivo unhas palabras para “Antonio da Quinta, o cal teño a honra de levar pechando a miña lista, referente socialista para min, que demostrou que aínda nos tempos mais difíciles se poden facer grandes cousas, con loita, traballo e honestidade”.

Ó remate, foi a propia candidata a que foi nomeando e presentando ós 23 membros da lista, ós que agradeceu a súa implicación e confianza: “Teño que dicir que me sinto moi orgullosa de que me acompañe este equipo, e gustaríame destacar que ningún membro desta lista que acabo de presentar pediu ir nun posto, nin pediu nada a cambio. Orgullosa e Agradecida dunha lista limpa, con persoas comprometidas con Salceda, capacitadas e sobre todo BOA XENTE. E tamén moitas grazas a todas e todos os que non poden estar nesta lista, pero que sei que podo contar con vós”

 

 

 

 

 

Considera que sería axeitado facer un avance informativo do PXOM?

Si

Non

Indiferente


Hay 3 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE,
E-mail: salcedadecaselas@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera