27 de maio de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SALCEDA DE CASELAS

 


Home / XESTIÓN DE GOBERNO / CONCELLERÍA DE DEPORTES / ACTIVIDADES DEPORTIVAS

CONCELLERÍA DE DEPORTES

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Achegamos o deporte a todos e todas, intentando crear eventos que lle dean cabida a maior cantidade de disciplinas posibles.

 


SAN SILVESTRE CONCELLO DE SALCEDA:

Establecemos esta iniciativa pioneira en Salceda e xa vamos pola IV San Silvestre Concello de Salceda.

Trátase dunha carreira popular para todos os públicos que se celebra no nadal e que ademáis ten carácter solidario.

Na edición do 2015 contamos con mais de 700 participantes.


 

10K CONCELLO DE SALCEDA:

Co ánimo de seguir ofrecendo deporte para todos/as celebramos por primeira vez en Salceda a “10K Concello de Salceda”, vamos xa cara a terceira.

Contamos con 800 participantes achegados de toda Galicia.

En distintas categorías: absoluta, nados entre os anos 1999-2001 (categoría A-2500 metros), do 2002-2004 (categoría B-1000 metros), nados entre o 2005-2007 (categoría C – 500 metros) e a partires do 2008 (categoría pitufos  – 150 metros).

 

 

PISCINAS MUNICIPAIS:

Cursiños de Natación:

Realízanse dende a concellería de deportes durante os meses de xullo e agosto nas Piscinas Municipais.

Sepáranse en grupos por idades e cubrimos todo o horario de mañá.

Festas acuáticas na piscina:

Varios venres o mes realízamos festas onde priman os bailes na auga, waterpolo, voleibol...

  

 

EN BUSCA DO CALLO PERDIDO:

Esta actividade nace dende a concellería de deportes como complemento deportivo a xa tradicional Festa dos Callos.

Trátase dunha búsqueda do tesouro polo casco urbano, a través de pistas, fotografías...

 Repetímola cada ano, con unha media de 13 grupos e arredor de 80 participantes.

 

 

Colaboramos con distintos torneos e iniciativas deportivas de clubs, asociacións:

 Torneo de Futsal.

 Torneo Vila de Salceda.

 Festa do minibasket.

 Torneos de baloncesto.

 Torneos de balonmán.

 Actividades das Escolas Deportivas Municipais (EDM Salceda)

 BTT Raíña Aragonta.

 Xornadas de camiñar consciente.

 Campionato Galego de Full Contact.

 

 

 

 

 

 

 

Considera que sería axeitado facer un avance informativo do PXOM?

Si

Non

Indiferente


Hay 3 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE,
E-mail: salcedadecaselas@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera