27 de maio de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SALCEDA DE CASELAS

 


Home / XESTIÓN DE GOBERNO / CONCELLERÍA DE DEPORTES / INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

CONCELLERÍA DE DEPORTES

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Apostamos firmemente por o deporte para todos e todas. Creando instalación para que calquera deportista non teña que sair de Salceda para practicar o seu deporte.

 




CIRCUÍTO DE PUMP TRACK & DIRT.


Destinando unha partida de investimentos do orzamento municipal de 43.913,61 euros. Dentro deste orzamento realizaranse traballos de movementos de terras, instalación de rego automático da parcela, iluminación, peche da parcela, mobiliario urbano e finalmente a zona de esparcemento coa pista de saltos.


Unha obra que non só tivo fundamento deportivo, xa que ademais se recuperou a zona, xa que existía un vertedoiro incontrolado nese espazo.


Contamos coa colaboración dende o primeiro momento dos mozos e mozas da Asociación Made in Salceda, a quen hai que agradecer o traballo de deseño e realización do circuíto, que abriu as súas portas ó público o 23 de agosto de 2014.


Ademais tamén debemos agradecer a cesión do terreo a comunidade de montes de Entenza.


 


MELLORA DO CAMPO MUNICIPAL DA GÁNDARA:


Realizamos obras de mellora no campo municipal, consistentes na colocación do rego automático, pintado da fachada, estrutura de ferro das grada, colocación de báculos altos con redes novas, ademais do mantemento dos vestiarios e melloras na fontanería.


Con estas obras tamén melloramos o mantemento e aforramos en custes.


 


ÁREA DEPORTIVA ALTAMIRA:


Construímos dúas pistas multideporte na área deportiva de Altamira, detrás do Pavillón Municipal.


Deste xeito dámoslle un lugar ós deportistas amantes do baloncesto, balonmán, tenis, bádminton...


As mesmas inauguráronse no verán do 2014 co I Torneo de Futsal de Salceda.


 


XIMNASIO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES:


Acondicionamos un ximnasio dentro do Pavillón Municipal de Deportes, podendo así ter un sitio axeitado para as máquinas e para actividades como poden ser a ximnasia acrobática, pilates, ioga...


 


 


PISTA DE PADEL:


Cun orzamento de 14000 euros completouse a área deportiva de Altamira cunha pista de Padel, entrou en funcionamento neste ano 2015.


Unha vella demanda dalgúns deportistas veciños de Salceda.


 


 




 

 

 

 

 

 

Considera que sería axeitado facer un avance informativo do PXOM?

Si

Non

Indiferente


Hay 3 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE,
E-mail: salcedadecaselas@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera