Neste obradoiro a Consellería fixo unha aportación económica de 588.535,20 €, e a Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda aportou 379.293,90 €.
Este Obradoiro formou a 30 alumnos-traballadores, tivo unha duración de 12 meses nas seguintes especialidades formativas; Albanelería, Carpintería, Xardinería.
A recuperación dos xardíns do Centro de Desenvolvemento Local do Torrón foi unha das obras do Obradoiro de Emprego que dirixiu a Concelleira de Educación e Emprego Marina Cabaleiro.