27 de maio de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SALCEDA DE CASELAS

 


Home / XESTIÓN DE GOBERNO / CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE / MULLER

CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE

MULLER

Reivindicamos a igualdade da muller e manifestamos estar en contra da violencia de xénero.

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Reivindicamos o día da muller.

A conmemoración deste día baséase principalmente en reivindicar a igualdade laboral, así como as políticas de apoio as iniciativas empresariais e a conciliación da vida laboral e familiar.

Grazas ás políticas de Igualdade que os gobernos progresistas viñeron facendo nestes últimos anos, as mulleres contan cun maior servicio para loitar contra a violencia de xénero, o dereito a decidir sobre a saúde sexual e reprodutiva, a percibir axudas para o coidado de persoas dependentes sendo unha tarefa que durante séculos veñen facendo as mulleres voluntariamente e sen ningún tipo de remuneración. Pena que o goberno do partido popular veña a botar polo chan estas políticas.

 

EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO 

 

EXPOSICIÓN GRÁFICA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO “CARTAS DE AMOR”

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, colabora coa Secretaría Xeral de Igualdade para poder achegar a todos os veciños e veciñas esta exposición gráfica de 15 artistas.

O obxectivo é traballar a favor da eliminación da violencia de xénero, a través da sensibilización da sociedade en xeral e na educación das xeracións máis novas en valores como a igualdade entre mulleres e homes ou o rexeitamento aos comportamentos violentos.

 

CONCENTRACIÓN EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Tamén se conmemorou este día no 2014 cunha concentración e globos violetas por toda a praza do Concello.

Dende o partido socialista queremos salientar a importancia de colaborar nesta serie de accións encamiñadas a previr estas situacións de violencia de xénero entre persoas de todas as idades, pero sobre todo entre os adolescentes

Non podemos máis que agradecer todas as colaboracións recibidas para a celebración destes actos, e sobre todo non podes esquecer a peza fundamental para levar a cabo estas iniciativas que é a VOLSA (Bolsa de Voluntariado de Salceda), sen todos/as eles/as non sería posible.

 

 


 

 

 

 

 

Considera que sería axeitado facer un avance informativo do PXOM?

Si

Non

Indiferente


Hay 3 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE,
E-mail: salcedadecaselas@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera