CAMPUS DE VERÁN: Para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. O campus cubre todas as vacacións escolares dos nosos pequenos e pequenas, comezando na última semana de xuño e rematando na primeira de setembro. O horario é amplo, xa que os pais e nais teñen a oportunidade de deixar ós nenos e nenas na Aula Matinal ás 8.00 horas. O horario do campus é de 9:30 a 14:00 horas e o comedor cubre o horario ata as 16:30 horas. Ademais pódese optar por o campamento por quincenas, meses ou todas as vacacións. Foi todo un éxito tendo no verán do 2014 máis de 120 nenos e nenas en algunha das quincenas. XOGOS EN FAMILIA PARA FESTEXAR O “DÍA DA FAMILIA” Tamén festexamos o día da Familia o 15 de maio 2014, grazas a colaboración de varias voluntarias da Bolsa de Voluntariado de Salceda e alumnas do curso de Monitor de Tempo Libre que organizamos a través da concellería de emprego e formación. organizan unha xornada de xogos para festexar o “Día da Familia”, 15 de maio. Unha actividade espontánea que comezou sen previo aviso na Praza do Concello, que como cada tarde estaba ateigada de pequerrechos, e que atraeu dende o primeiro momento a moitos curiosos, pequenos e maiores. Tratouse de varios xogos e bailes nos que tiñan que participar os pequenos acompañados dun familiar. Dende o partido socialistas consideramos importante non abandonar as actividades que se poidan levar a cabo coa participación de pequenos e maiores. Sempre teñen moi boa acollida as iniciativas nas que poden participar as familias. CONTOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO NA E.I. A GALIÑA AZUL Voluntarios/as van a ler cada ano á Escola Infantil A Galiña Azul para celebrar o día do libro. RELAXÁNDOSE EN FAMILIA: Actividade levada a cabo a través da concellería de voluntariado, na cal poden participar pais/nas con nenos de 3 a 6 anos. Tivemos ocasión de compartir momentos moi agradables nas distintas edicións que se levaron a cabo. |