27 de maio de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SALCEDA DE CASELAS

 


Home / XESTIÓN DE GOBERNO / CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE / TERCEIRA IDADE

CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE

TERCEIRA IDADE

Ademais de colaborar coa Asociación de Xubilados e Pensionistas, tamén organizamos diferentes actividades e programas para os nosos maiores.

 



TALLERES DE MEMORIA


Iniciativa que establecemos como concellería de Benestar Social e que conta coa colaboración da oficina de La Caixa de Salceda.

Trátase de diferentes actividades encamiñadas a potenciar a memoria como recurso para mellorar a calidade de vida. É dicir, obradoiros para activar a memoria a través de actividades de cálculo, orientación, xogos, charlas, risoterapia… Da cobertura a unha media de 30 persoas cada ano.


CURSOS DE INFORMATICA PARA MAIORES

Realízanse na Aula de Novas Tecnoloxías do CDL O Torrón, tratando de achegar as novas tecnoloxías a terceira idade.

 

OBRADOIROS DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA E FUNCIONAL


En colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia. Este programa chamado “Respiro Familiar” vai dirixido a persoas con deterioro cognitivo leve e funcional, non só para persoas que padezan a enfermidade de Alzheimer, tamén inclúe outros tipos de demencia. Os obradoiros inclúen Terapias funcionais e motrices, terapias cognitivas e terapias socializadoras

Marina Cabaleiro, considera moi necesarias estas iniciativas que melloran o benestar das persoas con este tipo de problemas e insiste en que non só van dirixidas a persoas da terceira idade, aínda que en moitos casos estes problemas van relacionados coa idade.


 



 

 

 

 

 

Considera que sería axeitado facer un avance informativo do PXOM?

Si

Non

Indiferente


Hay 3 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE,
E-mail: salcedadecaselas@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera